Unha visita coma a de calquera outro domingo dá lugar ó retrato máis puro e espontáneo dunha desas almas que aínda perduran no rural galego e á interpretación dos espazos nos que esta construíu unha vida sobre un modelo que hoxe en día se acha case extinto. Un documento impagábel que inmortaliza de cara ás xeracións futuras o contraste entre o que foi e o que é actualmente un rural abandoado polas masas.